| A crise económica chega ao fútbol profesional |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 16 de Xullo do 2008 | |
![]() O salario dos futbolistas, xeralmente inflado segundo a percepción media da sociedade española, non é que non suba, é que está baixando a pasos axigantados. Coa palabra crise instalada no día a día da maioría dos fogares españois, sería un milagre que os clubs de fútbol escapasen a esta situación.
Segundo o último convenio, o mínimo que pode cobrar un xogador de Primeira son 66.000 euros netos por campaña, 42.000 en Segunda. Eran cantidades ridículas até hai ben pouco, pero este verán hai clubs que están ofrecendo pouco máis ca iso. Calcúlase que os soldos dos futbolistas de Primeira baixaron un 50 por cento respecto a 2005. Un caso paradigmático dos últimos días: Ofrécense 280.000 euros por dúas tempadas, pero se o club descende rebaixase o 25% do que había que pagar na primeira campaña e na división de prata o 50%. As cláusulas multiplícanse nos contratos de hoxe en día, porque todos os clubs buscan pagar canto menos mellor. Hai algunhas que rebaixan o soldo se o xogador non acada un número determinado de partidos. O problema é non só conseguir un bo contrato, senón que se cumpra. A maioría de equipos emprega pagarés. Moitas veces son a pouco tempo, pero en ocasións esa espera faise eterna. Nesta situación atípica hai equipos coma o Athletic que se están retrasando nos seus pagos por vez primera nos últimos cinco anos. Aínda que neste caso o retraso sexa de apenas 15 días. Este club, para facerse unha idea, ofreceu a metade que o Villarreal por Joseba Llorente. Vía DeporteyGestión Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 156 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 16 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























