Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Cultura

Ven Xul 03 Exposición, "'En todas partes. Poéticas da diversidade sexual na arte"
Ven Xul 03 Mostra Teleprompter
Ven Xul 03 Exposición, Fermín Encinar
Ven Xul 03 Exposición, "Érase una vez… El Cuerpo Humano"
Ven Xul 03 Exposición, "Mulleres en plural"
Ven Xul 03 Exposición, George Nelson
Ven Xul 03 Exposición, "En construcción 2"
Ven Xul 03 Exposición, "Camiño peregrino"
Ven Xul 03 Exposición, "A Coruña. A cidade na arte"
Ven Xul 03 Exposición, "Artistas en acción"
Ven Xul 03 @08:00 - 05:00 Exposición, "En calquera lugar, en ningún lugar"
Ven Xul 03 @06:00 - 09:30 Exposición: “Ciudades en guerra 1808-1814”
Sáb Xul 04 Exposición, "'En todas partes. Poéticas da diversidade sexual na arte"
Sáb Xul 04 Mostra Teleprompter
Sáb Xul 04 Exposición, Fermín Encinar
Sáb Xul 04 Exposición, "En construcción 2"
Sáb Xul 04 Exposición, "Camiño peregrino"
Sáb Xul 04 Exposición, "Artistas en acción"
Sáb Xul 04 Exposición, "A Coruña. A cidade na arte"
Sáb Xul 04 Exposición, "Mulleres en plural"
Sáb Xul 04 Exposición, "Érase una vez… El Cuerpo Humano"
Sáb Xul 04 Exposición, George Nelson
Sáb Xul 04 @08:00 - 05:00 Exposición, "En calquera lugar, en ningún lugar"
Sáb Xul 04 @06:00 - 09:30 Exposición: “Ciudades en guerra 1808-1814”
Dom Xul 05 Exposición, "'En todas partes. Poéticas da diversidade sexual na arte"
Dom Xul 05 Mostra Teleprompter
Dom Xul 05 Exposición, Fermín Encinar
Dom Xul 05 Exposición, "En construcción 2"
Dom Xul 05 Exposición, "Camiño peregrino"
Dom Xul 05 Exposición, "Artistas en acción"
Dom Xul 05 Exposición, "A Coruña. A cidade na arte"
Dom Xul 05 Exposición, "Mulleres en plural"
Dom Xul 05 Exposición, "Érase una vez… El Cuerpo Humano"
Dom Xul 05 Exposición, George Nelson
Dom Xul 05 @08:00 - 05:00 Exposición, "En calquera lugar, en ningún lugar"
Dom Xul 05 @06:00 - 09:30 Exposición: “Ciudades en guerra 1808-1814”
Ultimo mensaxe fai: 18 h, 24 '
  • *bekka : e as de neno de 1ano igual¿??
  • NX_Iria : o prezo das entradas é de 20 euros
  • NX_Iria : hola *bekka
  • *bekka : ola!! se non tocan es entradas para o circo,poderiasme dicir canto custan??teño un irman pequeno e queria levalo.
  • *guest_4592 : Pueden localizar a Germán Rodrñíguez en el 629870104
  • *guest_4592 : abstenganse de colaborar con Viralatas en ingún asopecvto porque he ionterpuesto una demanda como único dueño de esta revista que afectarñá sin duda a anunciantes y colaboradores. Soy Germán Rodríguez, editor de CAÑA.
  • webmaster : (Pasándolo bien, Sabina)
  • webmaster : Pasando de hippies,   pasando de tripis,   pasándolo bien.
  • webmaster : Pasando de bodas,   pasando de modas,   pasándolo bien.
  • webmaster : pasándolo bien.
(?)
Da loita soterrada e popular de África PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Xoves, 21 de Febreiro do 2008
 
<<A nosa África non é nin a que representan os nosos líderes, nin a dun xentío pedindo esmola como se fai crer ao resto do mundo. Os artistas debemos sair e amosar esa outra realidade. A nosa misión é reflectir o bo e o malo do noso continente. Para min é un deber>> Ousmane Sembène

Grazas ao proxecto Rinoceronte Editora, a mellor literatura estranxeira contemporánea pódese ler en galego, sinaladamente a de ámbitos culturais e lingüísticos dende os que nunca se importa nada á nosa lingua. Así, Rinoceronte Editora traduciu por vez primeira ao galego dende o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo, apostando ademais por autores de calidade aínda descoñecidos no noso contexto. A súa última proposta, O xiro postal, é un retrato cruel pero lúcido do Senegal inmediatamente posterior á Independencia que foi levado ao cinema polo propio autor, o senegalés Ousmane Sembène, recentemente falecido. Considerado o pai do cinema africano, este é o primeiro libro seu que se publica en España.

O 9 de xuño de 2007 falecía Ousmane Sembène, considerado como unha das figuras máis prominentes da literatura e do cinema africanos, se ben en España esta nova a penas acadou repercusión nos medios de comunicación maioritarios.

O xiro postal Fillo do pobo de Zinguichor, en Casamance, e nado no Senegal colonial, foi soldado reclutado polo exército francés durante a II Guerra Mundial, estibador clandestino en Marsella, membro da Confederación Xeral de Traballadores e do Partido Comunista Francés, militante contra a guerra de Indochina ... e unha figura permanentemente censurada polas súas posicións firmes e provocadoras, polo seu compromiso na denuncia da colonización e máis das súas consecuencias nos procesos de independencia africanos, fronte á continuidade das estruturas neocoloniais, fronte ao enriquecemento e corrupción dunha elite, fronte á invasión do islam e do catolicismo e fronte ás conversións forzadas dos campesinos de África Occidental... fronte todo canto atacaba á liberdade e igualdade dos africanos.

A chegada dun xiro postal altera a rutina dun bairro pobre do Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar neses cartos a saída a unha vida miserenta, chea de débedas e privacións. .. levada ao cinema (Mandabi) en 1968 e censurada en África, O xiro postal denuncia a hipocrisía, a corrupción e o parasitismo dunha sociedade que, porén, ten nas súas mans a posibilidade de tentar cambiar; a través das peripecias polas que pasa o protagonista para cobrar o xiro, Ousmane Sembène ofrécenos, coma en toda a súa obra literaria e cinematográfica, un instrumento didáctico útil para transmitir ao pobo africano unha mensaxe de loita e esperanza.

En 2004 o autor recibía en Barcelona a medalla Federico Fellini da UNESCO, compartida coa cineasta belga Chantal Akerman, en recoñecemento á súa contribución á difusión e ao respecto da diversidade cultural. Ao longo da súa carreira como cineasta, encetou temas como a importancia da comunidade, a corrupción, os cambios no modelo familiar, a soedade do cidadán fronte á burocracia, a pobreza, etc ... e recibiu galardóns coma o primeiro premio do Festival de Cinema de Tours pola película Borrom sarret (1963), o Premio Internacional da Crítica do Festival de Venecia (1968) e o Premio á mellor película estranxeira no Festival de Cinema de Atlanta (1969) polo filme Mandabi. Sen enmbargo, é difícil por non dicir imposible acceder ao seu cinema, pois a maioría da súa obra como guionista e director , unha ducia de longametraxes, segue inédita en España.
 
Ousmane Sembène A última obra de Sembène, Mooladé, unha historia sobre a ablación feminina en África e segunda parte dunha triloxía inacabada, chegou ás nosas pantallas en 2005. Nunha das entrevistas que concedía para promocionar este filme en Europa, falaba sobre os diversos aspectos do continente africano nos que tanto tiña profundizado  na súa obra literaria e na súa filmografía, loitando contra esa "África abstracta" que, ao seu entender, se proxectaba no resto do mundo, ese continente abandonado ao tópico. Entre outras moitas manifestacións, verquidas na revista Ladinamo, opinaba nestes termos sobre a cuestión da axuda humanitaria:

<< É o peor. É como alimentar a diario a unha persoa unicamente con doces ou mel. Preguntádelle a un médico o que lle fai iso ao corpo. Penso que foi Kocch Barma quen dixo que se queres matar a unha persoa boa e nobre, debes darlle todo o que precise en todo momento. Esa persoa acabará perdendo calquera contacto coa realidade, non será quen de facer nada por si mesma. A axuda humanitaria bloquea o esforzo, o desexo de autoorganizarse; crea monstros que o único que saben facer é dicir grazas, grazas e grazas. Kocch Barma denunciou isto hai dúas xeracións. Obviamente, hai xente con necesidades reais pero a sociedade, se se organiza, podería e debería facerse cargo delas. É a túa obriga axudar ao teu veciño se lle ardeu a casa, pero a axuda humanitaria occidental debe cesar. ¿Cantos millóns de dólares enviou EE UU a África nos últimos trinta e cinco anos? ¿Onde están os resultados destas inversións? Non hai estradas , nin hospitais, nin colexos, nin universidades... Pero si unha elite corruta e insaciable cada vez máis rica.>>

¿Concordas con el?

Rinoceronte Editora

 

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
 
< Ant.   Seg. >
Amayeah
Si tienes talento, Novaxove te está buscando
Accede ao novo Webmail Novaxove