Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 29 '
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
(?)
Xa podes gozar na nosa portada da nova entrega de Davida PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Mércores, 24 de Setembro do 2008
 
Davida
 
A nosa portada renóvase coa quinta tira de Davida, na que podes premer para vela ampliada. Davida, que inauguraba a sección este verán, é un dos dous membros de Fuck Comics, xunto a Ash, que colabora con NovaXove achegando semanalmente as súas viñetas.

David Amoedo (Vigo, 1984) adícase dende 2003 á ilustración, á banda deseñada e ao deseño gráfico baixo o pseudónimo de Davida. Amais de ser un dos oito membros fundadores de Fuck Cómics, onde publica banda deseñada, é coordinador do proxecto e encárgase tamén do deseño gráfico da publicación. Colabora ademais con outras  iniciativas coma o Despregable Fanzine, editado pola A.C. Embaixada Prusina, coa sección 'LA Cara B'; e co colectivo Xogo Descuberto, que desenvolve unha variada labor de crítica social e dinamización cultural, colaborando na súa revista de difusión gratuíta con viñetas e ilustracións. Davida participa así mesmo en exposicións colectivas e realiza con asiduidade deseños e ilustracións para cartelería e Cds de diferentes bandas da escena viguesa coma Saldos Arias, Noishock, Siervos de Nadie ou Aphonnic. É membro tamén do colectivo de teatro e títeres Troula.

O seu estilo cartoon está influenciado por autores coma  Bruce Timm, Javi Rodrigues, Jaime Hernández, Miguel Ángel Martín ou Mauro Entrialgo, e a súa temática caracterízase polo humor costumista, o gore e a Serie B dos 80s e 90s.

Fuck Comics é un colectivo vigués de estilo urbano e underground que edita dende 2006 un Fanzine co mesmo nome. Hoxe en día aglutina a máis de quince creadores, entre os 18 e os 30 anos, e algún dos seus membros, coma Álex Cal ou María Vilar, adícanse profesionalmente ao mundo do cómic e da ilustración. O fanzine ríxese por unha única norma: divertirse e divertir a partir dunha estética urbana, moza e cómica. Pode conseguirse en bares, en tendas de cómic e en librarías, e ademais das tiras de todos eles, inclúe unha sección musical con reseñas, Fucking Noise.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Mércores, 08 de Outubro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >
Yolanda Castaño presenta Profundidade de Campo