Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 18 h, 15 '
  • *bekka : e as de neno de 1ano igual¿??
  • NX_Iria : o prezo das entradas é de 20 euros
  • NX_Iria : hola *bekka
  • *bekka : ola!! se non tocan es entradas para o circo,poderiasme dicir canto custan??teño un irman pequeno e queria levalo.
  • *guest_4592 : Pueden localizar a Germán Rodrñíguez en el 629870104
  • *guest_4592 : abstenganse de colaborar con Viralatas en ingún asopecvto porque he ionterpuesto una demanda como único dueño de esta revista que afectarñá sin duda a anunciantes y colaboradores. Soy Germán Rodríguez, editor de CAÑA.
  • webmaster : (Pasándolo bien, Sabina)
  • webmaster : Pasando de hippies,   pasando de tripis,   pasándolo bien.
  • webmaster : Pasando de bodas,   pasando de modas,   pasándolo bien.
  • webmaster : pasándolo bien.
(?)
Regresa a Compostela o Roteiro de Creación Contemporánea PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
PobreDo Mellor 
Mércores, 04 de Xuño do 2008
 
II Roteiro de Creación Contemporánea
 
Compostela celebra a segunda edición do Roteiro de Creación Contemporánea, unha iniciativa que permite aos cidadáns adentrarse nos espazos de traballo dos artistas e máis nos centros de difusión das artes na cidade.

Ao longo de dúas semanas, e co obxecto de favorecer o diálogo entre os creadores de diferentes xeracións e estéticas e o resto da sociedade, vaise celebrar un amplo abano de actividades: xornadas de talleres abertos, galerías con apertura nocturna, instalacións, performances, videocreacións, visitas guiadas en varios idiomas, mail Art, pintura e estampación en directo ...

Este Roteiro quere ser una oportunidade para adentrarse no mundo dos artistas e coñecer o seu proceso creativo, as súas fontes de inspiración, as súas técnicas, etc. O mapa do mesmo, pódese descargar na web da iniciativa e serve para que os interesados e interesadas poidan guiarse na busca de talleres, galerías e outros espazos artísticos. Asemade, o espazo situado en Campo de Santa Isabel, cedido por un particular e que noutrora funcionou coma antigo almacén de cervexas ou curtiduría, é posto en valor estético por trece artistas con performances e intervencións a gran escala.

O programa de actividades tamén inclúe a creación dun mural colectivo chamado Debúxame Santiago, varias exposicións colectivas, a produción de proxectos específicos e cursos monográficos de banda deseñada, creatividade, mail art, arte e ecoloxía, etc. E para pór de manifesto a opinión do público asistente, tamén se propón a Operación Flechazo, é dicir, o público poderá asignar puntos a todos os artistas que visite nun formulario que atopará nos talleres e centros socioculturais e que poderá entregar no punto de información do Roteiro.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
 
< Ant.   Seg. >
Amayeah
Si tienes talento, Novaxove te está buscando
Accede ao novo Webmail Novaxove