| Redondela acolle o IX Festival Internacional de Artistas na Rúa |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Xoves, 24 de Xullo do 2008 | |
![]() Mañá e o sábado, na Alameda de Redondela, e entre as 21:00 hs e a 01:00 da noite, vaise desenvolver o IX Festival Internacional de Artistas na Rúa, que integra espectáculos ao aire libre para nenos e maiores. No amplo programa está incluído o circo moderno procedente de Australia, a maxia que chega dende Francia, teatro de Italia, malabaristas da Coruña, cantautores de Arxentina, equilibristas de EE.UU, fakires de Inglaterra ou zancudos de Ourense.
O primeiro Encontro de Artistas na Rúa realizouse en Redondela en 1996 co obxecto de ofertar, dentro das festas grandes do pobo, unha actividade nova, creativa e moi variada, coa que persoas de todas as idades puidesen gozar dos mellores espectáculos ao aire libre, tanto nacionais como internacionais. Ao longo da súa traxectoria o Festival converteuse nun escaparate de pobos e culturas, nunha ponte entre a diversidade cultural e o mundo do espectáculo: toda unha mestizaxe baixo a única bandeira do Teatro. Aquí podes consultar o programa completo . Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 71 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 24 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























