| Ramiro Fonte recibirá o I Premio Porto Magno |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Xoves, 24 de Xullo do 2008 | |
![]() O vindeiro luns, 28 de xullo, vai ter lugar o acto de entrega do Primeiro Premio Porto Magno a Ramiro Fonte, un galardón promovido polo Real Coro Toxos e Froles co gallo da conmemoración do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol.
O acto, que abrirá o alcalde, Vicente Irisarri, celebrarase na casa consistorial a partir das 13.30 horas, e contará coa presenza do ministro de Cultura, o galego César Antonio Molina. Deste xeito, o Concello tamén se quere sumar ao recoñecemento que a entidade cultural lle brindará ao poeta, narrador e crítico de Pontedeume. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, Ramiro Fonte deuse a coñecer como poeta no grupo Cravo Fondo, a finais dos anos 70, e en 1983 publica o seu primeiro libro, As cidades da nada, ao que lle seguen outros títulos como O cazador de libros, Mínima moralidade ou Capitán Inverno. Membro da Real Academia Galega, na actualidade é director do Instituto Cervantes de Lisboa e, ao premio Porto Magno, súmanse outros recoñecementos como o Premio da Crítica de Galicia, o Esquío ou o Premio da Crítica Española. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 63 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 24 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























