O Ministerio de Cultura lanza 'Geocultura' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Martes, 22 de Xullo do 2008
 
Geocultura
 
O Ministerio de Cultura puxo en marcha a través da súa páxina web Geocultura, un proxecto que pon a disposición dos cidadáns os datos de contacto e a ubicación xeográfica das institucións culturais máis representativas, tanto as dependentes directamente do Ministerio de Cultura como as que dependen das Comunidades Autónomas, Entidades Locais e organismos privados e que figuran nos diversos directorios coordinados polo Ministerio.

En Geocultura recolleuse a dirección e demais datos de contacto de máis de 7.000 institucións culturais distribuidas por toda a xeografía española. O mapa de Geocultura utiliza a tecnoloxía de Google Maps, e os resultados amósanse de xeito diferente dependendo do nivel de detalle que o usuario teña seleccionado: para un nivel mínimo de detalle amósanse agrupacións de institucións por poboacións ou zonas do territorio, mentres que no máximo nivel de detalle preséntase cada institución individualizada, ubicada no mapa mediante un símbolo e, cando se selecciona, amósase toda a información vencellada: denominación, enderezo, teléfono e, no seu caso, páxina web.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 22 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >