| No país das vacas |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Venres, 18 de Xullo do 2008 | |
![]() Onte inaugurouse na Casa da Parra de Compostela a mostra Mú (Temos moito que dicir), na que doce artistas galegos de diferentes disciplinas homenaxean á vaca. A mostra, integrada por uns trinta cadros, fotografías e pinturas, nace a partir dunha iniciativa do xornal Galicia Hoxe, está organizada pola Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela e pola Consellaría de Cultura e Deporte e está comisariada por Fátima Otero. Participan os artistas Capricho Español, Vari Caramés, Tono Carbajo, Eva Carrera, Álvaro de la Vega, Antón Lezcano, Xurxo Lobato, Antón Lopo, Manuel Moldes, Paco Pestana, Manuel Sendón e Eduardo Valiña cunha variada e novidosa colección de creacións sobre un dos símbolos máis recoñecidos da nosa identidade.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 61 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 18 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























