| Mariano Casas gaña o Premio Castelao de BD |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Luns, 29 de Setembro do 2008 | |
![]() O Premio Castelao de Banda Deseñada, que tradicionalmente se entrega no marco do Salón do Cómic coruñés Viñetas desde o Atlántico pero que este ano se retrasou até finais de setembro, vén de recaer por unanimidade na obra Mensaxes do pintor e ilustrador Mariano Casas Gil. O galardón, convocado pola Deputación da Coruña, está dotado con 6.500 euros máis a publicación da obra gañadora. O xurado estivo integrado polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, o debuxante galego e comisario do premio Miguelanxo Prado, a deputada responsable da área de Cultura, Caridad González Cerviño, así como Horacio Altuna, Ángel de la Calle, Agustín Fernández Paz e Carlos Portela.
Este xurado estimou que a obra galardoada é <<un magnífico libro que narra unha historia asentada nun guión de insólita solidez e unha proposta formal, sinxela e eficaz que, nun orixinal artificio metalingüístico, xoga un papel decisivo na narración. Nunha situación límite, unha parella pasa as súas últimas horas de vida narrando, coa linguaxe da banda deseñada, o que lle está a acontecer>>. Amais, e segundo apuntou Miguel Anxo Prado, voceiro do xurado, a creación de Mariano Casas ten <<un estilo gráfico moi marcado, que se afasta dos estándares máis comerciais>> Foron merecedores deste premio en anteriores edicións Jacobo Fernández con As aventuras de Cacauequi (2007), Antonio Seijas con Un home feliz e David Rubín con Onde ninguén pode chegar (2005). Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 94 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Luns, 29 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















