|
Literatura e música no I Encontro Cidade da Coruña |
|
|
|
|
Escrito por redacción
|
|
Venres, 18 de Xullo do 2008 |
|
Entre hoxe e mañá a Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e Cedro (Centro Español de Derechos Reprográficos), o I Encontro Cidade da Coruña, unha actividade que nace coa pretensión de estenderse a outras cidades galegas. Hoxe celebrarase na Biblioteca da Casa Museo Casares Quiroga unha mesa redonda que baixo o título Narrativa con memoria histórica, contará coa presenza de Lidia Jorge, Carme Riera e Manuel Rivas. E mañá sábado no Teatro Rosalía de Castro, con presentación da escritora Antía Otero, está previsto un recital poético e lectura de textos a cargo de Yolanda Castaño, Lidia Jorge, Luz Pozo, Carme Riera, Manuel Rivas, Xavier Rodríguez Baixeras e Xavier Seoane, alén da actuación musical de Carmen Rey Grupo, que cun son próximo ao rhythm and blues, coa esencia do funk e do jazz, presentará por primeira vez na Coruña o novo disco, Meu, de Carmen Rey. A entrada é de balde até completar aforo.
|
|
Última actualización ( Venres, 18 de Xullo do 2008 )
|