| Estrea da performance solidaria 'Cronicaragua' no MACUF |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Venres, 26 de Setembro do 2008 | |
![]() Este venres, 26 de setembro (20:30 hs.) e domingo, 28 de setembro (ás 12:30 hs. da mañá) vaise estrear no Museo de Arte Comtemporánea Unión Fenosa (MACUF), con sede na Coruña, a permormance solidaria Cronicaragua: viaxe polo país da auga, un espectáculo no que se combina poesía, danza, teatro e música.
En decembro de 2007, os actores e directores teatrais Anxela G. Abalo e Gustavo Pernas Cora, representantes do colectivo Cultura Solidaria Galega, viaxaron a Nicaragua convidados pola delegación en Galicia de Acción Contra a Fame co compromiso de acometer un espectáculo de sensibilización sobre o país centroamericano. Coa información que recolleron crearon o espectáculo que se estreará no MACUF da Coruña e que tamén se vai representar no Edificio de Servicios Múltiples de Culleredo o día 30 e na Fundacion Torrente Ballester de Santiago o 2 de outubro. A permormance é unha proposta multidisplinar que xuntará a actores, músicos, bailaríns, poetas e artistas plásticos -Anxela G. Abalo, Raquel de Ana, Inma Antonio, Alberte Bello, Xosé Bonome, Blanca Dacal, Ibou Djembe, Pepe Esteller, Miguel Anxo Fernán-Vello, Raquel González, Isabel Iglesias, Maribel Longueira, José Losada, Nando Llera, Eva Matarranz, Julia Méndez, Teresa Méndez, Brais Morán, Olga Patiño, Gustavo Pernas Cora, Miguel Pernas, Maribel Pintado, Omar Rabuñal, Julia Sánchez, Miguel Soto, Daniel Yonte e Mercedes Vicente- e onde o público tamén poderá participar activamente. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 107 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 26 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















