Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 0 '
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
  • samhain : ya he estado curioseando para crearlo
  • webmaster : oks !!
  • samhain : pero en breve
  • samhain : aún no
  • webmaster : ¿has probado el nuevo webmail?
  • webmaster : shamain, ¿tienes cuenta de mail NX?
  • webmaster : chao, eleme wink
  • samhain : que aproveche eleme Smile
(?)
Convidados de excepción no XIV Salón do Manga de Barcelona PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Luns, 29 de Setembro do 2008
 
XIV Salón del Manga de Barcelona
 
O XIV Salón do Manga de Barcelona, que se celebrará do 30 de outubro ao 2 de novembro en La Farga de L’Hospitalet, anunciou que nesta edición o Ministerio de Relacións Exteriores do Xapón, en colaboración coa Japan Foundation, convidará a Takamasa Sakurai e Michihiko Suwa para que falen sobre o presente e futuro da animación xaponesa. Ambos os dous, especialistas de renome e involucrados na industria do anime e a televisión xaponesa dende hai anos, estarán nunha mesa redonda que se celebrará durante a tarde do venres 31 de outubro.

Takamasa Sakurai, cunha ampla traxectoria nas industrias creativas, especialmente nas artes dixitais, destaca polo estudo da industria de animación xaponesa e o seu papel nas relacións exteriores do país. Logo de graduarse en Ciencia Políticas e Económicas na Universidade de Waseda, empezou a súa carreira profesional na editorial Koubunsha Co. e traballou como Director Xerente e Oficial Executivo en varias empresas do mundo dixital. Ademais, tamén foi profesor da Universidade Dixital Hollywood, produtor de videoclips de varios grupos de música xaponeses e actualmente de contidos.

Michihiko Suwa, pola súa banda, é produtor executivo de Nihon TV (Yomiuri TV), unha das televisións máis importantes do Xapón. Como produtor, logo de investigar qué demanda o público en materia de animación en cada momento, encárgase de planificar o desenvolvemento das series ou películas e de organizar a gran cantidade de tarefas necesarias para que estas poidan saír á luz. Polas súas mans pasaron series tan populares coma Yawara!, City Hunter, Detective Conan ou Black Jack. Tamén coordinou e planificou outras series destacadas coma Angel Heart, Yattaman, Inuyasha ou Kindaichi Shonen no Jinkebo.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 29 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >
Yolanda Castaño presenta Profundidade de Campo