Ciclo A-fóra(s): na procura de coordenadas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Luns, 21 de Xullo do 2008
 
Ciclo A-fóra(s)
 
A Galería Sargadelos da Coruña abre este martes o ciclo A-fóra(s), que xurde da idea de falar da relación centro-periferia a través dos desprazamentos dende un lugar natal (Galicia) a outro en principio alleo. Para reflexionar sobre esta situación, catro convidados/as, catro escritores en lingua galega que residen fóra de Galicia, achegarán a súa experiencia: Raida Rodríguez (Barcelona), Martín Veiga (Cork), Samuel Solleiro (Antillas) e Xavier Queipo (Bruxelas).

As charlas vanse desenvolver o 22 de xullo, 29 de xullo, 5 de agosto e 12 de agosto, no segundo andar da Galería (Rúa Real, 56) ás 20:00 hs.

A encargada de abrir o ciclo este martes será Raida Rodríguez-Mosquera (Ourense,1980), coa ponencia  Poesía sen poemas. Ningún lugar nos é común, ningunha posibilidade nos é allea. Raida gañou o primeiro premio no XIX Certame Rosalía de Castro (2005). Ten participado en diversos recitais poéticos en Barcelona, onde vive actualmente. Non ten libro ningún publicado pero podedes ler os seus textos no seu blog  puntodefuga .
 
Tamén intervirán Eva Méndez do Roxo e Carles-Lluís Pallarès.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 05 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >