Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 16 '
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
(?)
Amadeu Baptista gaña o XVI Premio de Poesía Espiral Maior PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Martes, 29 de Xullo do 2008
 
Amadeu Baptista
 
O xurado da XVI edición do Premio de Poesía Espiral Maior elixiu como gañadora, por unanimidade, a obra Açougue do poeta portugués Amadeu Baptista, 'unha proposta de grande interese poético e literario que ilumina unha especie de crónica colectiva do pobo portugués'.

Nesta edición concorreron 206 traballos procedentes de Galicia, Portugal e Brasil. Dotado con 15.000 €, trátase do galardón de maior contía económica no conxunto da penísula, e un dos máis importantes de Europa. O gañador verá ademais a súa obra publicada na Colección de Poesía de Edicións Espiral Maior, cunha tiraxe de 2.000 exemplares.

Amadeu Baptista (Porto, 1953) é un dos poetas máis importantes da literatura portuguesa na segunda metade do século XX, con libros traducidos ao castelán, inglés ou francés. A súa obra mereceu, entre outros galardóns, o Prémio de Poesia e Ficção de Almada, o Prémio Nacional de Poesia Natércia Freire, o Prémio Internacional de Poesia Palavra Ibérica ou o Prémio Nacional Sebastião da Gama.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 29 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >
Yolanda Castaño presenta Profundidade de Campo