Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 2 '
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
  • samhain : ya he estado curioseando para crearlo
  • webmaster : oks !!
  • samhain : pero en breve
(?)
A UVigo presenta o maior dicionario inglés-galego da historia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Martes, 30 de Setembro do 2008
 
Image
 
20.000 termos traducidos do inglés ao galego, cos seus correspondentes exemplos e diversas informacións gramaticais e de uso, compoñen a segunda edición do CLUVI, o dicionario inglés-galego máis completo do panorama actual. O proxecto presentouse onte na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo ao abeiro da celebración do Día Internacional da Tradución.

A principal novidade do dicionario radica na súa elaboración a partir dun corpus de traducións inglés-galego de dez millóns de palabras. Cada unha das acepcións das distintas entradas conta por iso cun exemplo de uso tirado dun texto real, xunto coas diversas informacións gramaticais e de uso.
 
No que a estrutura se refire o novo dicionario é moi semellante a unha obra tradicional. Inclúese ademais da categoría gramatical a referencia bibliográfica abreviada da fonte (obra e número de frase) e información fraseolóxica, así como todo o que se refire a locucións, frases feitas, refráns e americanismos. As habituais perífrases verbais en inglés teñen tamén un espazo importante no dicionario, e ademais tamén se inclúen termos novos ou termos especializados. O volume, que pode consultarse de balde na web, editarase a finais de ano.

Segundo explicou Xavier Gómez Guinovart, coordinador do proxecto, este dicionario é catro veces máis grande ca o resto dos dicionarios inglés-galego que existen na actualidade, e é froito do traballo desenvolvido durante os últimos dez anos polos investigadores do Seminario de Lingüística Informática da UVigo. Pero xunto ao dicionario, o grupo de investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega, TALG, presentou tamén o resto de campos nos que está a traballar, dende unha Neoteca  ou banco de datos de neoloxismos de libre consulta na web até a denominada Termoteca, unha base terminolóxica sobre máis de 10.000 termos que serve para que os usuarios saiban que vocabulario utilizan os expertos nun determinado ámbito.
Comentarios (1)Add Comment
..., Lowly rated comment [Ver]

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 30 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >
Yolanda Castaño presenta Profundidade de Campo