Vai de balde PDF Imprimir Correo-e
Vai de balde ó ciclo Nx
 
A Programación Cultural Nx, especialmente deseñada e dirixida ao público xove, acollerá un interesante conxunto de estilos escénico-musicais contemporáneos, frescos e desenfadados. A selección de actuacións para esta primeira parte do ano inclúe unha gran diversidade de propostas e de xéneros, que van da música de cantautor ao rock ou a música electrónica pasando polo humor dende diferentes vertentes. Unha programación para todos os gustos á que non podías deixar de estar convidado/a, xa que Novaxove sortea 5 entradas dobres para cada un dos eventos. Entra, e entérate de como participar nos sorteos.