| Teatro, "Carnaval" |
|
|
|
Martes, 7. Outubro 2008, 20:30 - 00:00 |
|
|
|
Jordi Galcerán (autor da exitosa El método Grönholm) regresa co thriller policíaco Carnaval, dirixido por Tazmin Townsend, montaxe que xa colleitou grandes éxitos nos escenarios de toda España. Carnaval é unha obra de xénero que nos fala do mal, do mal en estado puro, e de cómo os seres humanos tentamos enfrontarnos á súa existencia. Os actores e actrices que compoñen o reparto son ben coñecidos pola súa ampla traxectoria, tanto no teatro como no cine e a televisión: Nuria González, Víctor Clavijo, Noelia Noto, Violeta Pérez e César Sánchez. |
|
Enderezo: Centro Cultural Caixanova. Vigo |