| Exposición, "Paisaxes humanizadas, terras vividas" |
|
|
De Mércores, 10. Setembro 2008 Para Xoves, 9. Outubro 2008 Todos os dias |
|
|
|
O Museo do Pobo Galego acolle a mostra Paisaxes humanizadas, terras vividas, do fotógrafo Luis Hixinio Flores Rivas. Na súa obra, este artista ofrece un retrato etnográfico e ecolóxico dos pobos lucenses co obxecto de reflectir o enxeño do pobo rural e sacar á luz as manifestacións artísticas das sociedades agrícolas e gandeiras que se agochan detrás das construccións e instalacións populares. |
|
Enderezo: Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela |