| Exposición de Gyula Elekes |
|
|
De Xoves, 10. Xullo 2008 - 20:30 Para Mércores, 30. Xullo 2008 - 00:00 Todos os dias |
|
|
|
O artista húngaro Gyula Elekes expón as súas últimas creacións na galería Petronio Arte O traballo de Elekes vai precedido dunha gran constancia e a súa destreza é digna de valorar, pois as técnicas que emprega son abondo complexas, especialmente a coñecida como grisalla que data do século XII e que ademais combina habilmente con outras máis actuais como a técnica de redución, acadando así uns resultados plásticos moi interesantes.
As súas obras son un fiel reflexo da cultura ancestral de Transilvania, onde naceu. Os símbolos tan presentes nela, confírenlle un contido poético que obriga o espectador a se mergullar no seu onírico mundo.
|
Enderezo: Galería Petronio Arte (Santiago de Compostela)
Contacto: Teléfono: 981 572 622 |
| Entrada de balde |