| Teatro, "A porta pechada" |
|
|
De Sábado, 17. Maio 2008 Para Domingo, 18. Maio 2008 Todos os dias |
|
|
|
Andrómena Teatro presenta hoxe en Vigo a súa montaxe A porta cerrada. O traverso da representación fantástica dun extraño inferno sen diaños nen lume, expón Sartre con turbadora violencia a súa visión das relacións humanas, da colisión constante das liberdades, da pugna sempre renovada das conciencias particulares. As tres personaxes da obra atópanse pechados nunha habitación, que será xustamente o seu inferno, porque están condenados a permanecer sempre xuntos, atormentándose coa súa mutua presencia. O inferno, para cada un, son os outros. |
|
Enderezo: Teatro Arte Livre. Vigo |
| As representacións terán lugar o día 17 ás 21:30 horas e o día 18 ás 20:30 horas |