| Festa Friki en Quiroga |
|
|
|
|
Hoxe celébrase en Quiroga, na Parroquia de Hermida, un festival cultura e musical para recadar diñeiro para a restauración e o proveito como local social e veciñal da escola de Soldón da Seara, aldea do Courel. Frikiroga preséntase co impulso do grupo de xente nova da comarca como unha festa de frikis cun frikismo moi particular: o interese pola revilitación do Courel e a dinamización cultural dunha comarca con pouca oferta. Entre as actividades que se desenvolverán están a Festa non-stop coa presencia de grupos como Ruxe-Ruxe, Santa Compaña ou Nunca se sabe; a Parada dos freaks galaic@s, que contará coa presenza do internacional Circo de Pulgas Carruselo e unha competición deportiva. |
|
Enderezo: Parroquia de Hermida. O Courel |