| Presentación do libro "Profundidade de campo" |
|
|
|
Mércores, 2. Abril 2008, 20:00 - 00:00 |
|
|
|
Hoxe ten lugar a presentación do último Premio Espiral Maior de Poesía, nunha velada multimedia arredor de Profundidade de campo, quinto poemario individual de Yolanda Castaño. O acto, que será conducido e precedido da intervención do director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, incluirá un pequeno espectáculo poético a cargo da autora e a proxección dun videopoema inspirado nos contidos do libro, nun xeito de investigación en novas canles de investigación para a poesía. Castaño amosará diferentes postas en escea dalgúns dos contidos de Profundidade de campo, servíndose do elemento escénico, sonoro, musical e audiovisual. |
|
Enderezo: CGAC. Santiago de Compostela |