| Concerto de Ton Martínez e Jacobo Miguel Dúo |
|
|
|
Mércores, 2. Abril 2008, 22:30 - 00:00 |
|
|
|
Ton Martínez e Jacobo Miguel Dúo fórmase en marzo de 2006 cando coinciden tocando na vila de Allariz. Desde entón comezan a traballar no proxecto, achegando composicións propias de ambos os dous e, asemade, estándares de jazz. O dúo incrementa a súa actividade nos clubs, actuando en cidades como Xixón, Oviedo, Avilés, Ourense, Vigo ou A Coruña, onde actúan esta noite.
|
|
Enderezo: Jazz Filloa. A Coruña |
| Prezo das entradas: 5 euros |