Nx é Best Of Joomla
axenda
Actual
Próximo
Mes anterior Dia anterior
Próximo día Próximo mes

Proxeccións no CGAI Imprimir
Venres, 7. Marzo 2008, 20:30 - 00:00
Image
 
O CGAI divide a súa sesión de hoxe entre o ciclo Poéticas do cine e a sección After hours/In-Edit, coa proxeccións dos filmes Operation Filmmaker e Global Metal, respectivamente. Poéticas do cine é unha sección fixa dentro da programación do CGAI. O tema inicial, a propia reflexión sobre o cinema, configura toda unha serie de traballos contemporáneos que indagan nas texturas e evolución da linguaxe fílmica, procesos de busca que nos revelan o tremendo potencial que aínda xace baixo o mundo das imaxes. After hours é unha nova sesión iniciada o pasado mes e que durante marzo centrarase no mundo do documental musical, en colaboración co Festival de Cine Documental Musical de Barcelona.
Enderezo: CGAI. A Coruña
Contacto: fichas das películas en : http://www.cgai.org
Prezo das entradas: Xeral: 1,20 euros; Carné xove: 0,60 euros; Abono para dez sesións: 9 euros.

Voltar

JEvents v1.4.2   Copyright © 2006-2007