| Ciclo de cine |
|
|
De Martes, 4. Marzo 2008 Para Domingo, 16. Marzo 2008 Todos os dias |
|
|
|
Pechando a presenza do colectivo escoitar.org no CGAC, o centro compostelán acolle o ciclo de cine Audiovisións. A actividade, que forma parte de Proxecto-Edición, propón un encontro entre a retina e o tímpano, que se multiplica en doce títulos nos que o son funciona como fío conductor para achegarnos a diferentes formas de escoitar e entender a dimensión acústica da realidade, profundando no seus aspectos culturais. O arranque do ciclo terá lugar coa proxección de Rockers, It’s Dangerous. Tamén se poderán ver Theremin: An Electronic Odyssey, Modulations: Cinema for the Ear, My Cinema for the Ears, Kill Your Idols, Touch the Sound, Crossing the Bridge. The Sounds of Istambul, Die grosse Stille, Rize, American Hardcore, Periféricos e We Built this City. |
|
Enderezo: CGAC. Santiago de Compostela |
| Os pases serán ás 20.15 horas |