| 8º Corre con nós |
|
|
De Domingo, 11. Novembro 2007 Para Domingo, 15. Xuño 2008 Todos os dias |
|
|
|
Circuito de carreiras populares da 8ª edición de Corre con Nós, organizado pola Concellaría de Deportes de Lugo, e patrocinado por diversas entidades como Coca-Cola, As Termas Centro Comercial, New Balance ou Caixanova.
Para cada carreira de adultos, que se celebrará cunha periodicidade mensual, establécense dez categorías, e a distancia a percorrer será de entre cinco e sete quilómetros. Participando en seis carreiras das oito do circuito, tanto pequenos como adultos obterán como premio un vale de 60 euros para trocar por material deportivo en Deportes Elide. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.
Este é o calendario das carreiras para adultos:
Domingo 11/11/2007 - 12:00 hs. - Pistas Atletismo Gregorio Pérez Rivera
Sábado 19/01/2008 - 19:00 hs. - Carreira Nocturna de Reis (Circuito) - Avda. Ramón Ferreiro
Domingo 17/02/2008 - 12:00 hs. - Centro Comercial As Termas (Circuíto combinado asfalto-terra)
Domingo 9/03/2008 - 12:00 hs. - Estrada de Hombreiro, Aparcadoiro Estadio Ángel Carro
Domingo 13/04/2008 - 12:00 hs. - Paseo do Rato (Circuíto asfalto), Casa María
Domingo 11/05/2008 - 12:00 hs. - Parque do Miño (Circuíto de terra) Pistas de atletismo G. P. Rivera Domingo 15/06/2008 - 12:00 hs. - Final de circuito - Complexo Deportivo Frigsa
|
Enderezo: Lugo
Contacto: Toda a información en: http://deportes.lugo.es/CorreConNos/default.asp |