Nx é Best Of Joomla


mar 18
2008

A castración de Totiño...

Enviado por dream en ninguna categoría 

avatar

Non sei se algún de vós se lembra do meu gato Pantuflo, e da súa desaparición que fai esta semana santa un ano. Agora teño a outro gato, Tote (sí, sí, como o Mc Tote King), e o martes fun ao veterinario para que mo castrasen.

Menuda vergoña cando o fun a buscar. Alí estaba el... tiradiño no transportín, cos ollosvidriosos e sen moverse. "pichaarriba" del todo. Púxenme a chorar como unha tonta ao velo así. Despois dábame pau que as rapazas que mo castraron se riran de min, e cando saía pola porta díxenlles que non se mofasen ao marchar eu, jejeje!!!

Unha delas díxome que nunca na vida vira unhas pelotillas tan grandes nun gato, jejeje!!!, e aberráronse un pouco ao pesalo, xa que é case un león (6'300 gr).

Agora espero que non se me tire pola fiestra, como Pantu, e que me dure moitos anos, jej!!!

Tereille que controlar o peso, porque agora tenderá a engordar.

JO... como quero ao meu Totiño...



Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy