| ConCiencia |
|
|
Desde miércoles, 3. octubre 2007 Hasta viernes, 30. noviembre 2007 Cada día |
|
|
|
O programa ConCiencia, promovido pola USC e o Consorcio de Santiago de Compostela, ten como obxectivo divulgar e por en valor o coñecemento científico como unha forma máis de cultura que se pode achegar a todos os públicos. Para isto, contarán coas personalidades máis prestixiosas e brillantes da ciencia, entre elas varios premios Nobeles coma John E. Walter, Premio Nobel de Química no ano 1997, que se achegará a Compostela os días 3 e 4 de outubro;Frank Wilczek, Premio Nobel de Física no 2004, que participará os días 18 e 19 de outubro; Peter Lax, merecedor do Premio Abel en 2005 - galardón outorgado polo rei de Noruega á imaxe e semellanza dos Premios Nobel en Suecia xa que non existen os Nobel de Matemática; e John Nash, Premio Nobel de Economía en 1994 cuxa vida foi retratada recentemente na película ‘Unha mente marabillosa’, quen pechará o programa Conciencia a mediados de novembro. Estas conferencias celebraranse en locais situados fóra do Campus universitario e en horarios de tarde-noite, arredor das 20.00 hs.,para favorecer a asistencia do público en xeral. |
Localización: Santiago de Compostela.
Contacto: http://www.usc.es/ |