| XXII Semana Cultural de Conxo |
|
|
Desde lunes, 10. septiembre 2007 Hasta sábado, 15. septiembre 2007 Cada día |
|
|
|
Nova edición da semana cultural desta emblemática parroquia compostelá, organizada polo Centro Sociocultural de Conxo. Dará comezo o luns 10 coa inauguración de dúas exposicións: "Compostela verde", da fotógrafa Sonia Iglesias e "Plantas medicinais" de Goe. O programa conta con moitos e moi variados obradoiros: chapas, tai-chi, ciencia divertida, percusión afro-brasileira, construción de xoguetes con materiais de refugallo, etc. Ademáis, están programados xogos e actividades deportivas como un campeonato de cartas, dardos ou tenis de mesa, xincana de xogos populares,xincana ciclista, xogos de rol en mesa,... Tamén haberá cinema ao aire libre, contacontos, monicreques, e un roteiro, "Descubre Conxo" deseñado para coñecer e por en valor o patrimonio cultural e a riqueza paisaxística do entorno. Para pechar esta variada programación, o sábado día 15 celebrarase un torneo de xadrez para o que as inscricións estarán abertas até o día 14, ademáis dun concerto con Pablo Seoane e a actuación de Dj Drake.
|
Localización: Conxo, Santiago de Compostela.
Contacto: http://conxo.blogaliza.org/category/centro-sociocultural/ |